We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Sunday
08
APR

Visita aos muíños do río Fondón (Trasmañó, Redondela)

10:00
13:00

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Roteiro polos muíños do río Fondón, en Trasmañó (Redondela), de balde, financiado polo Concello de Redondela, e guiado por Xurxo Constela, arqueólogo da empresa de xestión do Patrimonio, A CITANIA.

Non é necesaria prescrición, só aparecer ás 10:00 do domingo 8 de abril na Mámoa do Rei (a de Redondela, non a de Vilaboa). Información sobre como chegar nos comentarios deste evento.

DIFICULTADE MEDIA: Son só 4 km costa abaixo pero, debido ás abundantes chuvias, o camiño pode estar esvaradizo. Recoméndase levar boas botas que non lles entre auga.

NON É CIRCULAR: Se non queres subir unha boa costa de volta é recomendable organizarse para deixar un coche no contorno da Cultural de Trasmañó (https://www.google.es/maps/@42.2746024,-8.6575348,52m/data=!3m1!1e3), cerca do cruce da estrada de subida a Trasmañó (polo Alto da Encarnación) co Camiño da Auga, que é onde remata a andaina.