We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Friday
06
APR

Presentación do proxecto Xaque a Jakobusland, de Pablo Culebras

20:00
21:00
Andel Libraría
Event organized by Andel Libraría

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Este venres, 6 de abril, ás 20 h., terá lugar en Andel (Camelias, 102, de Vigo), a presentación do proxecto Xaque a Jakobusland,
composto por un xogo de xadrez temático e un libro sobre as incursións viquingas a Galicia.
Presenta o acto o historiador Carlos Méixome e coa participación de Pablo Culebras, autor do proxecto.
Ven descubrir un traballo que trata de aprofundar, dun xeito lúdico e interdisciplinar, nun periodo apaixonante da nosa historia: o momento no que coincidiron, neste recuncho do noroeste, tres fenómenos fundamentais na historia do Patrimonio Común Europeo: os Camiños de Santiago, as rutas dos normandos a Jakobusland e a difusión do xadrez.