We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Saturday
07
APR

Queres actuar no Asalto ao Castelo?

11:00
12:00
Asalto ao Castelo de Vimianzo
Event organized by Asalto ao Castelo de Vimianzo

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Non teñas vergoña, non tes que ser un actor ou actriz profesional!

Este sábado 7 de abril ás 11h terá lugar o proceso aberto de participación na representación nocturna do Asalto. Trátase do momento máis especial da festa, cando na medianoite do 7 de xullo, os irmandiños se levanten en armas contra os señores feudais.

Inseridos na conmemoración do 550 aniversario das Guerras Irmandiñas, este ano celébrase o aniversario do histórico ataque ao castelo, polo que a representación centrarase máis neste feito, sen abandonar por suposto o seu carácter diferencial, que é o de misturar actualidade con historia, humor co drama, e realismo con surrealismo.

Procúranse persoas de DIFERENTES IDADES, polo que non hai límites específicos, máis que a petición de compromiso cos ensaios e as ganas de pasar unha noite moi especial facendo parte da propia historia da festa.

Como en toda a festa, non hai ánimo de lucro. A esencia é o teatro amador, as persoas voluntarias ás que agradecemos desde xa a súa paixón e apoio nesta festa de todxs!