We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Sunday
25
MAR

O Sonoro Maxín

20:30
22:00
Aturuxo Bar (Bueu)
Event organized by Aturuxo Bar (Bueu)

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon, Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro.

A partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos toda a xeografía galega con máis de 150 concertos. En moitos deles compartiron escenario con músicos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone.

O Sonoro Maxín xuntouse por primeira vez na primavera de 2007. Hai xa dez anos. Naquel tempo, sen ter nin idea de quen eramos, comezamos a asubiar as cancións que máis tarde ïamos descubrir, os nosos pés botáronse a bailar uns ritmos que non coñecían, nos nosos soños apareceron xentes que nunca antes viramos.

En abril de 2017, presentamos unha chea de cancións que falan dun lugar da nosa vida que leva o teu nome, baila coma ti e canta coma ti cantas. O 7 e o 17 son dous números importantes para nós. Tamén son dous números primos. Os números primos distribúense, entre o grupo de números naturais, dun xeito que non somos capaces de percibir. Son cifras singulares que non se deixan dividir por calquera.

O 7 e o 17 son os días de feira en Ourense. Ao redor da praza de Abastos, agrúpanse, nunha distribución que semella aleatoria, o rianxo, postos de roupa, música, ferramentas, libros, calzado, remedios naturais, queixos, complementos... Todo o que che cómpre!
As músicas de “sete dezasete” nacen deste caos organizado, desta feira cambiante que non somos quen de ordenar completamente. Cada día na nosa cabeza, nos nosos pés, no noso corazón, na nosa vida imaxinamos o xeito de darlle forma tremendo desorde.

https://youtu.be/5jrxjtNKYZk

Entrada: 6€ con consumición mínima