We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Saturday
07
APR

Presentación e Roteiro. 'Mariña, de Deusa a Santa'

12:00
18:30

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Presentación do libro “Mariña, de Deusa a Santa” e Roteiro Antropolóxico Cultural, organizado por Xeitura. Xestión Integral do Patrimonio Cultural en colaboración con Aira das Letras e BenComún Espazo.

Inscricións e información:
Correo-e: turismo@xeitura.com
Tel. 609 474 976
https://bencomun.gal/actividades/

Presentación: entrada libre. Roteiro: prezo simbólico 5€

12:00h. no local de BenComún Espazo (Praza Torre Lombarda, 1-Baixo). Entrada libre.:
Presentación do libro “Mariña, de Deusa a Santa” (Premio Ramón Piñeiro 2016) e charla sobre o mesmo; “A advocación de Santa Mariña na Cristianización de Galicia” a cargo do seu autor, Rafael Quintía.

De 16:30 a 18:30 en Santa Mariña de Augas Santas (prezo simbólico 5€):
Roteiro Antropolóxico – Cultural no entorno de Augas Santas e o Castro de Armea, con Rafael Quintiá, facendo o percorrido a través da lenda da Mártir Mariña.

Rafael Quintía é licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, en Ciencias Económicas e Empresariais, escritor, documentalista e músico tradicional. Traballa como antropólogo profesional. É membro fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).
Durante estes anos o seu traballo de investigación foi galardoado con catro premios de investigación e ensaio: Premio Ferro Couselo de Investigación (2017), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio (2016), Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2015) e Premio de investigación Luís Cuadrado (2010). Ademais e Premio Lingua de Ouro 2017 da Asociación Queremos Galego Marín.