We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Saturday
14
APR

Obradoiro de Beat Maker (produción e edición musical)

10:30
19:00
BenComún Espazo
Event organized by BenComún Espazo

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Iníciate no mundo da gravación e produción musical; grava e secuencia instrumentos e traballa con librarías de audios.
Tamén aprenderás a ecualizar, mesturar e masterizar.
Enfocado a calquera estilo musical (rock, pop, rap, electrónica…)

O obradoiro, de 6 horas de duración, desenvolverase en dúas partes, cun descanso ó mediodía:
1ª parte: de 10:30 a 13:30
2ª parte: de 16:00 a 19:00

Imparte: Aser Rodríguez (músico profesional)
Dirixido a: Maiores de 12 anos.
Prezo: 35€. Prazas limitadas.

O obradoiro terá como puntos claves:
- Explicación do funcionamento e conexión dos diferentes compoñentes para realizar as nosas bases: altofalantes, tarxeta de son, teclado midi, software, etc.
- A importancia do ritmo, análise dos compases máis utilizados e a colocación dos diferentes sons de percusión dentro del.
- Conceptos de tonalidades, escalas, harmonías, así como dos diferentes ritmos que caracterizan un estilo.
- Utilización de plugins, uso de librerías de sons de violíns, pianos, etc.
- Uso e manexo do software, secuenciadores como Ableton Live e Fruity Loops.
- Traballar por diferente orde as diferentes liñas que forman unha base; como facer unha liña de baixo ou melodía para un ritmo de percusión e viceversa.
- Gravación e secuenciación de instrumentos externos (guitarra, voz…)
- Sampleo de fragmentos de cancións para utilizar nas nosas bases.
- Ecualización, masterización e exportación das nosas bases en diferentes formatos.
Todas as aplicacións a utilizar son demos orixinais gratuítas que serán facilitadas ao alumnado, polo que é recomendable levar ordenador e cascos. O profesor achegará, para o curso, o material para realizalo: ordenador, altofalantes de estudo con resposta plana, tarxeta de son externa, teclado midi, guitarra, micro, etc.

Toda a info: https://bencomun.gal/event/obradoiro-de-beat-maker/