We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Thursday
05
APR

10º Aniversario da Biblioteca Ánxel Casal

18:00
20:00

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Para celebrar o noso aniversario temos preparado o seguinte programa de actividades:

*Acto institucional de celebración do aniversario que será presentado e conducido pola escritora e contacontos Paula Carballeira e que rematará coa entrega ao socio ou socia nº 40.000 dun agasallo.

*Contacontos para público familiar “400 camelos e 40.000 libros“ a cargo de Paula Carballeira

*Espectáculo musical "As aventuras de Mamá Cabra, contos que saen dos libros". Gloria Mosquera leva máis de quince anos creando cancións coas que gozar, aprender e cantar, coas que encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons que darán vida a historias máxicas. Nesta ocasión, e na compañía de Javier Constenla ao piano, levaranos polas creacións de Mamá Cabra, grupo coñecido por pequen@s e maiores. Dirixido a un público familiar.

Desde as 18:00 h no Salón de Actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.