We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Wednesday
04
APR

Abril 18 en Crechas: Túlio Augusto Berlai Hnos Cubero Mr Kilombo

22:30
22:30
Casa das Crechas
Event organized by Casa das Crechas

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

PROGRAMACIÓN CASA DAS CRECHAS ABRIL 2018
Reservas aquí: reservascrechas@gmail.com

DOMINGOS 1, 8, 15 e 29 - 20:00 5€
SUMRRÁ
O trío de jazz galego máis internacional
O trío de jazz galego máis internacional retoma a residencia dominical na súa casa, a Casa das Crechas. SUMRRÁ repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbumes. 15 anos que levan SUMRRÁ traballando de xeito continuado e ininterrumpido, converténdoos nun referente do Jazz feito en España. O directo máis sólido e contundente ao alcance da túa man. �Manuel Gutiérrez, piano�Xacobe Martínez Antelo, contrabaixo�LAR Legido, batería


Mércores 4, 11 e 18 22:30 1€
FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 5 21:00 5€
Túlio Augusto
Jazz desde Brasil
Túlio Augusto é un guitarrista de jazz brasileiro graduado en Composición e Rexencia pola Universidade Federal da Bahia (Brasil), mestre em Composición Musical pola Universidade de Aveiro (Portugal), mestre en Ensino de Música (Análise e Técnicas de Composición), e doutorando en Composición pola Universidade de Aveiro.
O seu primeiro album solo, Blue Spell, foi lanzado em febreiro de 2017. Trátase dun album conceptual que carga consigo o verdadeiro significado de maxia: transcendencia de consciencia.

VENRES 6 23:30
FOLIADA COS ESTALOTES

XOVES 12 21:00 6€
BERLAI
Cancións do Far West galego
Logo de presentar con éxito o seu primeiro disco, 'Desconhecido', o pasado ano, Berlai ofrece un concerto especial, con toda a banda ao completo, e con Ernesto G. Torterolo -autor do cómic que acompaña o disco- debuxando en directo, como parte do espectáculo. ‘Desconhecido’ é unha historia de amor e de tolemia -baseada nunha historia real acontecida na montaña de Lugo- contada en músicas e letras/poemas de Xiao Berlai e debuxos do artista Ernesto G. Torterolo. Unha historia do Far West galego, unha historia (real) dun home solitario que preferiu vivir e morrer só porque non lle deixaron vivir como el quería.

VENRES 13 21:00 9€/12€
HERMANOS CUBERO
Folk manchego e bluegrass

A idea de mesturar o folclore manchego co bluegrass xenuinamente americano é algo que posiblemente só estaba na cabeza dos Hermanos Cubero. O resultado é atractivo e sorprendente a partes iguais. Os irmáns manchegos Quique e Roberto fusionaron con mestría as súas influencias e déronlles forma a través das súas dúas voces, unha guitarra e unha mandolina. E teñen moi claro que non necesitan máis no que se refire ao apartado musical. O broche de ouro póñeno as súas letras punzantes e cargadas de mensaxe, camufladas con moita arte mediante unha sátira que adoptaron do cancionero tradicional deste país e en concreto da Alcarria, a súa terra á a que recorren frecuentemente a modo de musa.

XOVES 19 21:00 10€/13€
MR. KILOMBO
O proxecto persoal de Miki Ramírez
Mr. Kilombo é o proxecto persoal de Miki Ramírez. Con 4 traballos ás súas costas, este artista madrileño consolidouse como unha das grandes apostas do panorama estatal. Unha posta en escena enérxica e interactiva, apoiada por uns temas con letras coidadas con mimo e sutileza, convertidas en melodías pegadizas, con refráns contundentes. Unha metralladora de disparar hits, en definitiva. É luz, é enerxía e é vitalismo.

MÉRCORES 25 22:30 1€
FOLIADA ESPECIAL REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS
BANDA DAS CRECHAS

XOVES 26 21:00 7€
ETHNOS ATRAMO
Folk electroacústico
Ethnos Atramo é a persoal viaxe de dous músicos (Pepa G. Lillo e Gabriel Navalón) buscando o equilibrio entre o antigo e o contemporáneo a través da reinvención de ritmos e melodías procedentes do amplo patrimonio musical legado polas xeracións pasadas.