We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Saturday
07
APR

Taller de arte con Santi Jiménez - Santiago Centro

17:30
20:30

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

O ilustrador Santi Jiménez Jiménez será o encargado de abrir o próximo día 7 os talleres familiares de arte programados por Santiago Centro para as tardes do sábado. Jiménez proporá aos asistentes novas maneiras de mirar os obxectos e de plasmalos nunha obra artística. O obradoiro está dirixido a nenos e maiores a partir dos 6 anos e a participación é libre e gratuíta.

Nacido en 1979, Santi Jiménez é un dos artistas máis destacados do panorama galego actual pola combinación que fai de elementos propios do debuxo e do cómic con outros tomados do cine, a publicidade e a arte dixital. En 2017 foi protagonista dunha exposición monográfica na galería Federica no era Tonta, en Compostela, e participou na decoración de escaparates do Ensanche en directo dentro das propostas de Pasearte.

Galería METRO Galeria Trinta Federica No Era Tonta Galería de arte Luisa Pita