We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Saturday
14
APR

Encrucilladas no mundo árabe e musulmán

12:00
14:00
Cidade da Cultura de Galicia
Event organized by Cidade da Cultura de Galicia

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Canto coñecemos realmente do mundo árabe e musulmán? Recibimos boa información, libre de tópicos e clixés, e en cantidade suficiente?

Queremos saber máis da súa enorme herdanza cultural, da súa pluralidade interna, do seu contexto xeopolítico e dos conflitos sociais do presente (desde a súa perspectiva). E para iso convidamos a unha das maiores expertas na materia, a socióloga Gema Martín Muñoz, profesora visitante da Universidade de Harvard, colaboradora da Universidade da Sorbona, fundadora e directora de Casa Árabe e columnista no diario El País durante dúas décadas.

No apartado artístico contaremos cun espectáculo sonoro e visual inspirado na poesía de tradición sufí, a cargo de Nenoescuro (Rafa Xaneiro) e da cantante Yasmina Farhani. Esta proposta creativa é froito da colaboración con ACentral Folque e Axóuxere Editora.

E para rematar o acto co mellor sabor, estamos convidados a un viño e un petisco, por cortesía de Bodegas Martín Códax e Conservas Antonio Pérez Lafuente.

Toda a información sobre a sesión e as entradas está dispoñible en
http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/nexos-encrucilladas-no-mundo-arabe-e-musulman