We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Friday
06
APR

O día máis feliz na vida de Olli Mäki

21:00
22:40
Cineclub Bueu
Event organized by Cineclub Bueu

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

2016 | Finlandia | 92 min | b/n | VOSE
Apertura de portas: 20:45 h

"Non trata sobre a victoria ou a derrota, é unha historia que trata do realmente importante na vida, de atopar o propio camiño cara á felicidade con independencia das expectativas do exterior" Lauro Martín, Días de Cine

SINOPSE
Deliciosamente rodada en branco e negro, conta a verdadeira historia de Olli Mäki, talentoso á par que humilde púxil que no verán de 1962 aspira ao título de campión do mundo no peso pluma. Este campionato pode mudar a súa vida para sempre. Só ten que perder peso e concentrarse. Porén, haiche un problema: Olli namorou de Raija. Dentro do cuadrilátero é Finlandia vs EEUU, mais fóra do ring o boxeo e o amor son dous adversarios loitando pola súa atención.

O DIRECTOR
"Os aspectos básicos en O día máis feliz na vida de Olli Mäki son a lixeireza e a luz. Se ben é unha historia sobre crise existencial e atoparse a un mesmo, o que determina a narración é o feito de non ficarmos a nos envorcallar na lameira senón que, ao contrario, voemos no ar coma un papaventos"

PALMARÉS 2016
Premio Un Certain Regard, Festival de Cannes
Premio FRIPESCI, Premios do Cine Europeo

"A opera prima do finés Juho Kuosmanen é unha oportuna reflexión ao redor dos conceptos de triunfo profesional e felicidade emocional" El Confidencial

FICHA TÉCNICA
Título orixinal: Hymyilevä mies (The Happiest Day in the Life of Olli Mäki)
Director: Juho Kuosmanen
Guión: Mikko Myllylahti
Reparto: Jarkko Lahti, Eero Milonoff, Oona Airola, Joonas Saartamo, Olli Mäki, Mika Melender, Raija Mäki, Joanna Haartti, Niklas Hyvärinen, Pia Andersson, Deogracias Masomi, Jarmo Kiuru, Marko Wilskman, Shamuel Kohen, Antti Naakka
Fotografía: Jani-Petteri Passi (B&W)
Dirección de arte: Jani-Petteri Passi
Montaxe: Jussi Rautaniemi
Vestiario: Sari Suominen
Música: Laura Airola, Joonas Haavisto, Miika Snåre
Produción: Aamu Film Company / Tre Vänner Produktion AB / One Two Films

Web oficial: https://ollimaki.mubi.com/