We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Tuesday
03
APR

Curso De Practica Profesional - Lugo

16:00
20:00
COAG Lugo
Event organized by COAG Lugo

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

CURSO DE PRÁCTICA PROFESIONAL. EDICIÓN LUGO.
Duración total: 20 horas [5 sesións de 4 horas cada unha, en horario de tarde]
Lugo: 3, 4, 9, 10 e 11 de abril
Este curso nace da vontade de facilitar aos arquitectos unha ferramenta de axuda na necesaria actualización nos aspectos esenciais relacionados co exercicio da nosa profesión nos diferentes ámbitos. Para iso, exponse, a nivel xeral, os principais aspectos e os problemas máis habituais do exercicio profesional.

Os contidos do curso articúlanse como un percorrido polos diferentes traballos que desenvolvemos:

O proceso proxectual e construtivo, seguindo a secuencia habitual de desenvolvemento temporal das diferentes fases do traballo: as fases previas, o proxecto, a dirección de obra, etc.
A tramitación municipal de obras e actividades (licenzas e outras autorizacións administrativas)
O que chamamos “outros traballos“, que inclúen os IEE, informes, ditames, valoracións e tasaciones, parcelacións urbanísticas, memorias de actividade, etc.
Esta secuencia permite integrar ademais outras temáticas de gran relevancia, de carácter xeral ou relacionadas con cada unha das fases concretas, sobre aspectos transversais cuxo coñecemento é imprescindible para o desenvolvemento profesional dos arquitectos, como son:

Conceptos básicos da sinatura electrónica.
Principais aspectos tecnolóxicos relacionados coa profesión.
Algunhas cuestións de tipo xurídico e administrativo (por exemplo, o contrato privado: como contratar e ser contratados)
A estimación dos custos derivados do noso traballo.
A tramitación colexial (visado obrigatorio, voluntario, rexistro)
Unha mesa redonda que serve de peche do curso na que participan compañeiros que exercen a profesión en diferentes ámbitos, e que ofrecen diferentes visións e camiños profesionais para explorar.
O desenvolvemento temporal deste curso organízase en cinco sesións presenciais máis o complemento dunha plataforma on line a través da que se porá a disposición dos alumnos documentación relacionada cos contidos tratados, modelos, e outras actividades complementarias, como tests de autoevaluación. A través dela, os alumnos poderán tamén trasladar a cada un dos profesores, na súa maioría traballadores do COAG, as dúbidas ou consultas que poidan xurdirlles en relación ás materias desenvolvidas.
Dado o interese xeral deste curso, tratouse de facilitar a participación de todos aqueles que esteades interesados establecendo uns importes de matrícula moi reducidos, ademais de importantes descontos para os colexiados que se están iniciando na práctica profesional da arquitectura, para os que este curso é tamén unha importante ferramenta de axuda.
+info:
http://portal.coag.es/uncategorised/curso-de-practica-profesional-inicio-edicions-lugo-e-ourense/#more-15901

Venue

COAG Lugo