We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Tuesday
24
APR

Estefanía Cereijo Omil

20:00
23:00
Conservatorio Superior de Vigo
Event organized by Conservatorio Superior de Vigo

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

ESTEFANÍA CEREIJO OMIL

Toda a información do ciclo De Piano: http://csmvigo.com/de-piano-abril-2018/

Rematada no verán de 1804 e superando en extensión ás anteriores sonatas para piano de Beethoven, a Waldstein é, xunto coas sonatas Apassionatta Op. 59 e Les Adieux Op. 81, unha das obras máis distinguidas da década “heroica” do compositor (1803-1812), e unha das tres sonatas máis notables do seu periodo medio, convertíndose en exemplo compositivo para as xeracións vindeiras.

Dentro da segunda parte do recital, abre paso ao Romanticismo o terceiro Scherzo de Chopin. Completado en 1839, foi escrito no monasterio de Valldemossa, na illa balear de Mallorca. É quizais o máis irónico e ben construido dos catro scherzi, casi con aires beethovenianos.
Neste concerto interpretaranse dúas transcricións. Liszt escolleu escribir para piano un dos momentos máis dramáticos da obra maestra de Wagner, Tristán e Isolda. Atópase no final desta ópera cando Isolda chora polo seu amor, Tristán. Nesta transcrición Liszt foi bastante fiel á partitura orixinal, aínda que eliminou gran parte da música vocal, sendo notable sobre todo, no poderoso e apaixondo clímax final.
Nas Totentanz podemos observar a influencia do medieval dentro do estilo romántico. O tema, que será tratado en forma de variacións, é un canto gregoriano do Dies Irae que outros autores como Ligeti ou Bruckner tamén utilizarán nas súas composicións. Esta peza, orixinalmente para piano e orquestra e transcrita polo propio Liszt, é unha mostra perfecta da súa obsesión pola morte, con clímax case celestiais e outros momentos nos que parece que nos quere descender aos infernos.

Programa:

I parte, o Clasicismo

L. v. Beethoven (1770-1827)
Sonata Op. 53 núm. 21 en Do Maior, “Waldstein”
I. Allegro con brio
II. Introduzione. Adagio molto – attacca
III. Rondo. Allegretto moderato


II parte, o Romanticismo

Frédérick Chopin (1810-1841)
Scherzo Op. 35 n°3, Do# menor

Richard Wagner (1813-1883), arranxo para piano por Franz Liszt 1811-1886)
Isoldens liebestod S.447 (Morte de Isolda), en Si Maior

Franz Liszt (1811-1886)
Totentanz, S.126 (Danza macabra), paráfrase sobre Dies Irae, en re menor (versión para piano só).