We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Friday
27
APR

CHANG ROK MONN (PIANO)

20:00
22:00
Conservatorio Superior de Vigo
Event organized by Conservatorio Superior de Vigo

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

CHANG ROK MONN (PIANO)

Os 12 Estudos son o froito da última gran onda creadora de Debussy. Busca a flexibilidade e a axilidade acrobática nas posicións insólitas, presupoñendo no intérprete a mestría que esixen os de Chopin, e ignorando os de Liszt. Aquí atoparemos as intuicións máis xenuinamente revolucionarias, as máis cargadas de porvir. Este Debussy da última maneira, sublima a súa propia linguaxe nun clasicismo amplamente aberto ao futuro, alcanza a despeito da nudez, ou máis ben grazas a ela, a máis soberana liberdade de linguaxe e de expresión. Música interiorizada,
decantada e quintaesenciada, enriquece aínda máis o seu universo harmónico, sobre todo coa súa innovación na sutileza rítmica e a diferenciación nos toques, forxando as ferramentas que Messiaen, Boulez, ou Stockhausen atoparán preparadas para as súas composicións. A evolución posterior da música é impensable sen o seu exemplo.

Chang-Rok Moon


Programa:

Claude Debussy (1862-1918)
12 Estudios para el piano
I Pour les “cinq doigts” – d’après Monsieur Czerny
II Pour les Tierces
III Pour les Quartes
IV Pour les Sixtes
V Pour les Octaves
VI Pour les huit doigts
VII Pour les Degrés chromatiques
VIII Pour les Agréments
IX Pour les Notes répétées
X Pour les Sonorités opposées
XI Pour les Arpèges composés
XII Pour les Accords