We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Thursday
12
APR

Cesto dos Tesouros

12:30
13:15
Gaia dos Nenos
Event organized by Gaia dos Nenos

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Unha actividade para bebés (imprescindible que se manteñan sentad@s por si mesmos)

Aforo: 8 bebés+acompañante
Custo: 20 euros
Precio Combo bonificado: 15 euros
Gratuito para alumnas de Ioga Postparto e Hipopresivos.

Con esta actividade queremos que as familias descobran o importante que é o xogo libre para nenas e nenos dende os primeiros meses de vida.
Os bebés aprenden do cesto dos tesouros a través dos seus sentidos: mirando, tocando, chupando, cheirando, escoitando, golpeando, collendo, soltando… O cesto dálles a oportunidade de explorar e decidir por el@s mesm@s con qué queren xogar, proporcionándolles un amplo abano de experiencias que axudan ao seu cerebro a facer novas conexión neuronais para o seu desenvolvemento.

Compartir o cesto dos tesouros con outr@s bebés fará moito máis rica a súa experiencia, aínda que o seu xogo sexa individual.

É recomendable que os cestos dos tesouros estean organizados por temática (cociña, baño, materiais, cores, estacións do ano), de xeito que, o bebé perciba que os obxectos alí presentados teñen unha relación entre sí.

O papel do adulto:
Os adultos deberán de estar atentos durante o xogo co cesto dos tesouros, pero NON intervir, agás para asegurar o benestar e manter un contacto social cos pequenos.
O obxectivo da sesión é que a bebé poida explorar o contido do cesto por sí mesma sen interferencia. Se ela decide estar todo o tempo explorando as cualidades dun obxecto de madeira é a súa decisión.
Así mesmo, esta actividade proporciona información e recursos ás familias para fomentar e comprender os beneficios do xogo libre nos primeiros anos de vida d@s nen@s.


Información e reservas en info@gaiadosnenos.com