We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Monday
16
APR

Pedagoxía da luz

17:30
19:30
Gaia dos Nenos
Event organized by Gaia dos Nenos

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

É moi frecuente, ver ás criaturas máis pequenas marabillarse polas sombras, ou polos raios de sol que tímidamente se colan polas ventás e producen sombras no berce ou na cama. A través da luz conectan coa curiosidade e a sorpresa. Dende ben pequen@s, nenas e nenos experimentan e investigan coas propiedades da luz e da cor, fan hipóteses e comproban resultados.

Os ambientes e provocacións creados na Pedagoxía da Luz amplifican algúns fenomenos espectaculares, convertendo o espazo en centro de experimentación e expresión artística. Podemos traballar a luz con multitude de instrumentos: mesas de luz, proxectores, lanternas, flexos...

Nesta actividade traballaremos só con luz artificial e multitude de elementos a través dos que experimentar coas súas cualidades. Trátase dunha forma lúdica e atractiva de adquirir coñecementos sobre o comportamento da luz, a cor, as sombras... Así, convírtese nunha actividade científica, lúdica, creativa, artística... Unha actividade aberta e global.

Cando traballamos un foco de luz en concreto, axudamos ás crianzas a centrar a atención sobre unha cousa, facilitando a atención focalizada. Ademáis, os obxectos máis cotiás toman unha nova dimensión, convertíndose en elementos fantásticos e marabillosos materiais para experimentar coa luz.

Grupo I (+3 anos)
Hora: 17:30h

Grupo II (bebés camiñantes ata 36 meses)
Hora: 18:30h

En cada grupo
Aforo limitado: 10 nen@s (+1 acompañante por nen@)
Prezo: 20 euros (nen@+acompañante)
Prezo combo bonificado: 15 euros (consulta condicións con nós)
Acompañante extra: 10 euros
Duración: 45 min

Unha actividade deseñada en base á formación feita con Jeny Silvente de "Veure, Pensar, Sentir"