We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Saturday
28
APR

Construíndo Minimundos: Mundos Imaxinarios en Miniatura

12:00
14:00
Gaia dos Nenos
Event organized by Gaia dos Nenos

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 8 anos
Duración: 2 horas
12:00h-14:00h
Máximo participantes: 10 nen@s (+1 acompañante por cada nen@)

Prezo: 20 euros/nen@
Prezo Combo Bonificado: 15 euros (consulta condicións con nós)

O xogo de construción propón a combinación de elementos para conseguir formas diferentes que reunidas se convirten nun todo. A precisión, a atención e a paciencia, a capacidade de orientación e organización espacial así como o desenvolvemento da creatividade son algúns dos beneficios deste tipo de xogos.
Xuntando, engadindo, montando, desmontando... estimúlase a experimentación ao tempo que se descubre a capacidade de imaxinar e superar retos.

Creamos en Gaia un ambiente rico en materiais abertos, versátiles e reais que provoquen a experimentación, a participación, a construción e a invención. Proporciona un alto nivel de creatividade e de posibilidades de elección.
A teoría das pezas soltas suxire que cando a un nen@ se elle ofrece unha ampla gama de materiais sen propósito definido, haberá máis inventiva no seu xogo e terán oportunidades de xogo infinitas.

O xogo de construción propón a combinación de elementos para conseguir formas diferentes que reunidas se convirten nun todo. A precisión, a atención e a paciencia, a capacidade de orientación e organización espacial así como o desenvolvemento da creatividade son algúns dos beneficios deste tipo de xogos.
Xuntando, engadindo, montando, desmontando... estimúlase a experimentación ao tempo que se descubre a capacidade de imaxinar e superar retos.

Normas do xogo:
- Coidarémonos entre todos e non nos faremos mal
- Coidaremos o material
- Coidaremos as construcións dos outros e non as danaremos
- *s adult*s intentaremos non ocupar moito espazo, así o xogo compartido, *s nen*s e as súas creacións serán *s protagonistas
- Deixaremos a un lado os teléfonos, tamén as conversas entre adultos. isto permitiranos estar máis presentes
- Cando soe a campá intentaremos unir as construcións para facer unha construción conxunta. Só o intentaremos. Hoxe e aquí nada é obrigación
- Volveremos facer soar as campás cando quede 15 minutos para rematar o xogo. así poderemos irnos despedindo das creacións e desmontándoas pouco a pouco.
- Haberá persoas facendo fotos que se empregarán para difundir o evento e promocionar o xogo libre. Se alguén non está de acordo é importante que no-lo comuniquedes.

Se queredes vir xogar con nós é imprescindible que formalicedes a inscrición a través de info@gaiadosnenos.com