We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Friday
23
MAR

Faladoiro con Carlos López Bernárdez

20:00
21:30
Libraida
Event organized by Libraida

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

A libraría Libraida convídavos ao faladoiro con

CARLOS LÓPEZ BERNÁRDEZ

arredor do seu ensaio

"IDENTIDADE E UNIVERSALIDADE. LECTURAS DE PINTURA GALEGA". Edicións Laiovento

Presentan o acto PEPE PINTADO e CARLOS MÉIXOME

"Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega" recolle un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura galega da primeira metade do século pasado, con especial atención ao papel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes.

Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é profesor de Lingua e Literatura Galegas e licenciado en Xeografía e Historia, sección de Historia da Arte. Entre os seus libros destacan: Bestiario en pedra, Breve historia da arte galega, Maruja Mallo, a pintura da nova muller, Do idilio á diáspora. Modernidade é compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane , Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane . Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento Faro da cultura do xornal Faro de Vigo.

Venue

Libraida