We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Friday
13
APR

Metauniversos Cotidianos, de Loly Villoch fotolibro e exposición

19:30
20:30
Libreria Eixo
Event organized by Libreria Eixo

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

O venres, 13 DE ABRIL, en Eixo, de novo combinamos PRESENTACIÓN DE LIBRO CON EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA; ás 19:30 horas, organizado pola Fundación Cumlaude e acompañada por Ángeles Rodriguez Baliño, a fotógrafa coruñesa Loly Villoch, achegarános a Eixo o seu fotolibro “METAUNIVERSOS COTIDIANOS”e decorará as nosas paredes coas fotografías contidas nel.

Atoparémonos con imaxes que son auténticas reflexións arredor dos distintos papeis adxudicados á muller na sociedade actual e coa necesidade de romper con eles; disfrutaremos dese perfeco xeito de harmonizar o cotián co infrecuente, a rutina do fogar coa novedade do onírico. Todo a través da fotografía.

Esa mostra evidente da desigualdade entre homes e mujeres, retratada a través dun xogo de “metaespacios entre o micro y lo macro”, é o fío condutor da exposición e das escenas contidas no fotolibro que, en verbas da propia autora, son en esencia “un xogo entre os espazos macro e micro, unha alegoría das relacións desiguais entre homes e mulleres que se repiten sen importar o lugar no que nos atopemos”.

Loly Villoch é unha fotógrafa coruñesa especializada en fotografía creativa e de viaxes que, tras pasar por Santiago e Betanzos achéganos a sua obra no mes de abril ata Eixo.

Non faltedes. Gustarávos.Aquí vos deixamos un enlace para que vaiades coñecendo a Loly e a súa obra
https://www.lolyvilloch.com/fotografia-de-autor