We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Tuesday
17
APR

Mateo Mena e Genzo P. no Liceo Mutante

20:30
23:00
Liceo Mutante
Event organized by Liceo Mutante

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

MM e GP invocan a maxia negra da tecnoloxía para elevar os espíritos.

O vigués Mateo Mena (Nostoc, Metamovida) anda na revolución perenne a través da súa exploración da creación e alteración de sons. Coñecido polos seus hipercubos - http://thehypercubes.com/ - e admirado polo seu icónico tratamento da síntese, Mateo despregará o seu savoir faire, o seu joie de vivre. Chapeau!
https://vimeo.com/mateomena
http://thehypercubes.com/

Genzo P, artista, poeta, MC e activista cultural da veciña León, membro das ínclitas Producciones Infames, foi acusado e condeado por tratamento extremo e malversador do son. Vai impartir un master presencial en ambientoloxía así nun ratiño a lo Cifuentes. Queres velo.
https://genzop.bandcamp.com/album/capitulo-iv-tesis-de-ambientolog-a

Non hai DAFO que soporte este análise de pros e contras, só por entre cinco e oito euros de donativo íntegro para os artistas.

O Liceo é un espazo aberto que resiste no 100 da rúa Rosalía de Castro. Asiste, pregunta, participa, vive.