We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Thursday
12
APR

Lucía Novas presenta o libro de poemas "Cervatos"

20:00
21:00
NUMAX
Event organized by NUMAX

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

O escritor Samuel Solleiro e o editor Luís Rei Núñez acompañarán á poeta Lucía Novas Garrido na presentación do seu último libro o xoves 12 de abril ás 20:00 na Libraría NUMAX.

Un mundo urbano, nocturno e inhóspito -mais arraigado na aldea- agroma en "Cervatos" (Kalandraka Galicia, colección Tambo, 2017), un libro cheo de músicas e imaxes, próximo á estética do videoclip e con influencias da cultura kitsch. Beleza efémera, poética híbrida.

Lucía Novas é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Exerce como profesora no ensino secundario de Lingua e Literatura Galega. Escritora xa na adolescencia, gañou diversos premios de poesía, e ten participado en diversos volumes colectivos. Publicou, antes de "Cervatos", os poemarios "Epiderme de estío" e "Neve". Colaborou con poemas seus en revistas como Grial, PolpA, Casa da Gramática, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, O Ollo Público ou Escrita Contemporánea.

Venue

NUMAX