We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Saturday
03
MAR

Trío Katz MaCleod McAuley #paralaiamente | Sáb. 3/03 - 23h.

23:00
00:30
Paralaia Pub
Event organized by Paralaia Pub

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Si, é unha realidade, non estades a volvervos tolxs.

O próximo sábado estarán no Paralaia en formato trío o primeiro mandolinista de Shooglenifty, Iain MaCleod; o gaiteiro da Battlefield Band, Mike Katz; e o noso amigo e querido de Os Porcoteixos, Charles McAuley.

Para o Paralaia é un auténtico luxo ter a estes tres musicazos que chegan a Galicia dende Escocia para facer unha xira polos principais lugares do folk galego. Como non, non podían faltar no Paralaia.

Calidade, técnica, talento, boa música e, sobre todo, moita caña é o que poderedes disfrutar o vindeiro sábado no Paralaia!! Un trío sen precedentes co que conseguimos ter en Ortigueira en pleno mes de marzo a músicos de bandas de referencia a nivel internacional e que encabezaron xa nalgunha ocasión o Festival de Ortigueira.

Deámoslle unha boa acollida!!! Todo o mundo a disfrutar dunha noite #paralaiamente escocesa!!

Venue

Paralaia Pub