We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Saturday
28
APR

Feminino Plural #paralaiamente | sáb. 28 abril ás 23h.

23:00
Paralaia Pub
Event organized by Paralaia Pub

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

🙌🏽 O vindeiro sábado 28 de abril ás 23 horas tendes unha cita no Paralaia con dúas musicazas: Silvia Penide e Carla López, co seu proxecto Feminino Plural! 👯‍♀️👏

Feminino Plural xorde da necesidade de amosar o importante percorrido de diversas mulleres autoras no transcurso da historia da humanidade. Quixeron para isto trazar/construír un camiño cheo de historias tanto contadas como cantadas, onde se puidera reflectir en pequenas cápsulas musicais a pegada indelébel das autoras que conforman un inmenso e necesario patrimonio universal.

Cunha ampla experiencia en diversos ámbitos do abanico musical, Silvia Penide e Carla López converxen, coa máxima ilusión, neste roteiro musical que supón unha magnífica oportunidade para xogar, explorar e aprender nun experimento enriquecedor.

A intención de Silvia e Carla é dar visibilidade e relevancia absoluta á figura da muller autora, que moitas veces permaneceu nun segundo plano. Unha viaxe que anima a desfrutar, valorar e aplaudir as nosas autoras universais.

Esperámosvos a todxs!!!

Venue

Paralaia Pub