We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Monday
09
APR

Forophoto Pontevedra: encontro con Miguel Vidal

20:00
21:30
Ateneo de Pontevedra
Event organized by Ateneo de Pontevedra

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Ateneo de Pontevedra e taller abierto convidan a todos os afeccionados á fotografía a un novo encontro no salón de actos da Casa das Campás, o luns 9 de abril ás 20 horas.

Nesta ocasión recibiremos a Miguel Vidal, que nos presentará a súa obra fotográfica.


Miguel Vidal
Breve referencia:

Aínda que de formación autodidacta, recibiu clases maxistrais de grandes mestres da fotografía, como Stuart Franklin, Antoine D’Agata ou Chris Steele-Perkins.

Comezou o seu traballo no ano 1994 como xefe de fotografía no Diario de Pontevedra, ao mesmo tempo que traballaba como fotógrafo de prensa para a “Agencia Reuters”, traballos que foron publicados en periódicos como “El País”, “El Mundo”, “ABC”, “La Vanguardia”, “La Voz de Galicia”, e outros en periódicos de tirada internacional, como “Sun”, “Daily Mail”, “Daily Mirror”, “Los Ángeles Times”, “New York Times”, “Washington Post”, “Time”, “National Geographic”, etc.

Dende o 2005 traballa para o Museo de Pontevedra encargándose do servizo de reprodución de obras de arte e catálogos de exposicións.

Mostra o seu traballo a partir de 1977 en múltiples exposicións, das que destacamos as dos dous últimos anos: Fotofever París. About Art (2016); Cara a Cara, xunto con Lena Panciuc, na Fundación Eugenio Granell, en Santiago (2016); Soños, no Museo de Pontevbedra (2017).

Na PRESENTACIÓN, proxectará o seu último traballo “SOÑOS”, formado por fotografías nas que alterna a cor e o branco e negro. Unha antoloxía baseada en tres das súas series “Room 111”, “The Farm” e “Meeting Point”; nas que captura un instante entre o real e o irreal, entre o suxerido e o desexado, evocando un mundo de soños.