We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Wednesday
11
APR

Relatorio arredor do libro "Aforismografías"

20:00
21:30
Ateneo de Pontevedra
Event organized by Ateneo de Pontevedra

Get Directions

Category
#var:page_name# cover

Relatorio arredor do libro:

“Aforismografías”

Autores: André Vilas (licenciado en Ciencias Químicas e Ciencias da Educación) e Ciro Sánchez (licenciado en Belas Artes, catedrático de Debuxo no ensino medio)

Interveñen: María Xesús López Escudeiro (profesora xubilada), Antón Sobral (artista, directivo do Ateneo de Pontevedra), Xiana Vilas (bailarina, coreógrafa da Compañía de Danza Contemporánea Cisma), André Vilas e Ciro Sánchez

Día: mércores 11 de abril de 2018

Hora: 20:00

Lugar: Salón de Actos da Casa das Campás (rúa de Don Filiberto, 9-11)


O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro Aforismografías, de André Vilas e Ciro Sánchez, un proxecto de arte global no que se fusiona a plástica e a poesía. A actividade inclúe tamén a proxección dun resumo do libro en imaxes e, como colofón, unha coreografía de danza contemporánea protagonizada pola bailarina Xiana Vilas.

O acto, presentado por María Xesús López Escudeiro e Antón Sobral, terá lugar o vindeiro mércores 11 de abril, ás 20 horas, na Casa das Campás.


Sobre a obra e os autores
André Vilas é licenciado en Ciencias Químicas e Ciencias da Educación. Ben coñecido polo seu labor docente e divulgativo, gañador de dous premios do programa Prensa Escola, André gusta da poesía e o relato. Ciro Sánchez, tamén profesor, é Licenciado en Belas Artes e catedrático de Debuxo no ensino medio. Da colaboración dos dous xorden estas Aforismografías sobre láminas.

Un libro que non é un libro, senón unha sorte de alianza entre a linguaxe poética e a arte plástica na que ningunha delas se ve supeditada á outra. Un xogo libre e aberto de asociacións que pide do lector, dos seus ollos e as súas mans, unha colaboración activa para acadar os seus moitos sentidos. Unha colección de exquisitos naipes cos que botar unha partida de significados. O libro está estruturado en corenta láminas que conteñen frases curtas, versos soltos e aforismos.