We use cookies to personalise content and ads, to provide social media features and to analyse our traffic. Read more…
Vencello - Rede Colaborativa -

Vencello - Rede Colaborativa -

Rúa Hospital 19 (Praza), A Coruña, 15002, Spain

Get Directions

+34 646213170

Categories
Work hours Add information
About VENCELLO, Rede Colaborativa para fornecer o tecido emprendedor en Galicia.
Axenda Colaborativa & Organización de Eventos. Fala connosco!
Description VENCELLO é unha Rede Colaborativa nada na cidade da Coruña que ten por principal obxectivo abranguer diversas entidades ou agrupacións do eido emprendedor, fornecendo o tecido da rede por medio de fomentar a Comunicación, a Coordinación e a Cooperación entre elas.

Queremos tecer unha rede onde potenciar as sinerxias de tódala xente que traballamos no eido emprendedor!
Por iso aplicamos as nosas Liñas de Traballo (as 3C) como metodoloxía para ofrecer os seguintes servizos.

>>> Axenda Colaborativa <<<
Mediante a comunicación e coordinación previa entre os nosos colaboradores, publicamos a chamada "Axenda Colaborativa" onde concentramos os vindeiros eventos. Deste xeito facilitamos ós usuarios unha fonte de información eficiente, rápida e cómoda, ademáis de fomentar a participación e a difusión da actividade emprendedora.

>>> Organización de Eventos <<<
Organizamos eventos adicados ó mundo emprendedor, con actividades de interese para os nosos colaboradores e contactos, ben sexa obra propia de Vencello ou ben en estreita colaboración con outras entidades. Abrangue dende o concepto, planificación e organización do evento, pasando pola contratación de ponentes, animadores ou personal, ata a coordinación e dinamización do evento durante a súa celebración nun espazo concreto.

>>> Xestión do Rexistro e Pagos Online <<<
Se organizas o teu evento pero non queres levar a cabo o rexistro, non te preocupes! Nós facémonos cargo mediante o noso sistema de inscricións e de pagos online integrado na nosa páxina web. Tamén efectuamos a recepción dos participantes, a entrega de acreditacións e da documentación durante o evento.
_____________________________

Vencello - Rede Colaborativa - é unha iniciativa independente e apolítica. Estamos abertos a todo o mundo así que fala connosco! Benvidos!

Similar places nearby